contacto

Este é o material de traballo de "Axente das Palabras"

 

Coordinadora:

María Inés Cuadrado López é Licenciada en Artes Escénicas , titulada pola Escola Nacional de Arte Dramática de Buenos Aires , Universidade de Buenos Aires (1987).

Complementou a súa formación con cursos e seminarios sobre a palabra escénica, técnica de Fedora Aberastury, técnica corporal, danza, jazz, máscara neutra, clwon, técnicas vocais para radio, produción de radio e entrevista periodística entre outros. Durante a súa participación na área de ventas dunha empresa familiar realizou cursos sobre dirección de pemes, creatividade na empresa e negociacións.

Desde o ano 2001 reside na Coruña, participando da actividade cultural da Comunidade Autónoma.

Como actriz e narradora realiza:

•  Obradoiros nos centros educativos , recitais poéticos en Fundacións e Casas Museo, actuacións en teatros e auditorios de Galicia, Buenos Aires e Montevideo.

•  Colaboracións en radio , como as feitas en FM Palermo en Arxentina e Radio Oleiros en Coruña. Gravacións de contos para editoriais galegas e catalanas..

•  Participacións no sector audiovisual : As viaxeiras da Lúa , Chapapote, Rías Baixas, Maridos e Mulleres, Un cuento para Olivia e Rafael .

Como docente:

•  Foi convocada pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia na cátedra de Dicción (2006)

•  Ofreceu cursos e seminarios na Universidade da Coruña para o Máster de Medios Audiovisuais e para a Cátedra de Oratoria de Filoloxía Hispánica e na Universidade de Belgrano en Buenos Aires ( Arxentina),   e para o 2º Curso de Divulgación Científica na Universidade de A Coruña 2009 sobre técnicas para falar en público.

•  Ofrece formación en narración oral nos Forga de Lugo e Vigo e no CEFORE de Ferrol

• Traballou para a Secretaria de Igualdade da Xunta de Galicia no proxecto No colo de quen conta formando a docentes na área de expresión oral. 2007-2008-2009.

• Ofreceu formación na área de expresión corporal contratada por la  empresa Femxa.

 

É colaboradora habitual da Asociación Socio-Pedagóxica Galega .

Actualmente cursa estudos de doutoramento na Universidade de A Coruña para a cátedra de Literatura Galega, realizou  cursos sobre Protocolo e Relaciones Institucionais no Centro Español de Nuevas Profesiones e continua anualmente o  seu  entrenamento técnico e expresivo en Emerson College, London (UK) estudios acreditados  pola Sussex University (Londres, UK) .

 

Para contactar con nós:

Tel. 981 614 659 - Móbil 699 288 861

 

 

Contacto por correo electronico:

email